|
|
GODELLA - O POBO
GODELLA é un concello situado na “Horta Nord”,
conta cunha poboación de perto de 13.000 habitantes e
o seu termo de 8,4 km2 limita cos de València, Burjassot,
Rocafort, Paterna e Bétera.
A parte dalgúns restos eneolíticos
e romans, os seus orixes remóntanse á Edade Media.
A casa de campo árabe de Godayla, cos seus muiños
e fornos, aparece xa nomeada no Llibre del Repartiment; sobre
ela erguiríase en época cristiá o castelo
señorial, na mesma entrada do camiño Vello de
València, xunto á quenlla de Montcada que dende
sempre ten regado a súa horta.
A agricultura, o traballo da pedra (canteiros)
e a atesanía, teñen sido as actividades económicas
tradicionais deste pobo.
A poboación foi crecendo lentamente
ó redor deste núcleo inicial nomeado “El Poblet”
deica finais do século pasado, no que a afluencia de
emigrantes moitos deles establecidos en covas, e os primeiros
chalés de veraneantes, desbordaron o núcleo antigo
e iniciaron a expansión urbana cara á Ermida do
Salvador, á outra banda da via do tren de via estreita.
Na década dos anos 70 Godella tivo
un extraordinario crecemento urbanístico e demográfico
duplicando a súa poboación, debido á súa
proximidade a València, á facilidade das comunicacións
e á súa calidade de vida.
Do seu pasado Godella conserva un rico patrimonio
arquitectónico e arqueolóxico; a antiga igrexia
medieval (actual Capela do Cristo) e a igrexia neoclásica
(San Bertomeu), o castelo señorial (actual Colexio do
Sagrado Corazón), a torre dos Boil ou de Serdanyola,
A Ermida do Salvador, A Torre do Pirata, a Covatella, Les Pedreres,
etc. e sobretodo o conxunto do seu casco antigo ó redor
da rúa Maior e a Praza Magdalena Sofia, con unha extraordinaria
vista da horta.
Este legado histórico e natural compleméntase
con unha rica actividade humana e asociativa; asociacións
culturais, deportivas musicais, de xubilados, de mulleres, de
novos, de artistas e festeiros, manteñen vivas as tradicións,
as festas e o espírito deste pobo valenciano.
Texte: Ginès Ruiz /Traducció
galega de Xavier Moreiras
|
|